Unha ducia de pementos de Padrón: ¿Quén dixo nazón? Eufemismos=hipocrisía (by ChantadaKid)

Moitos, mais os homes de Nós empregaron nazón adoito; tanto é eisí, que Risco reflexouno no tíduo da súa Teoría do nazonalismo galego obra de grande repercusión no seu momento. O galego xa non abandoaría máis ao ensaio que había coroar logo Castelao coa súa inxente Sempre en Galiza.

Nazón, nación, naçóm, como cadaquén prefira, son tres nomes vetustos emparentados co verbo nascor, de eí o nascer de moitos escritores galegos e o actual portugués. No Estado español o Plano Ibarretxe e o actual Estatut voltarono “pór de moda”. Se natio, -onis designaba “onde se nace” a verba mudou ben ao longo dos tempos e, xa non falemos do seu consolidamento e redifinición decimonónicos, da mao dos nacionalistas románticos.

Nazón. Pronunciar iso en Madrid é loubábel, en Catalunya e un agravio prós nacionalistas casteláns, ben baixo siglas de direita ou pseudo-esquerda. Xa un se vai acostumando ao menoscabo do conceito nación con “las ocho fórmulas substitutivas del Presi” (márquese ben o subs-) como se for Wilson na Paz de París ou Negrín coas súas serodias formulacións de paz. Eufemismos.

Nazón. Nun principio, nación e nacionalidade entendéronse como conceitos aplicábeis a unha coleitividade ou grupo social composto por individuos qu-amosan unha identidade diferenciada do resto do mundo, sendo esta un xugo imposto polas camadas predecesoras. Logo, segundo os defensores desta tese, a identidade nacional é allea á vontade do individuo, polo tanto, non reflite os verdadeiros anceios dos integrantes do coleitivo. Iste foi, sen dúbida, o esgrimido pra manter a cohesión social no invento borbónico de Nueva Planta, verdadeiro xermolo de iso que chamamos hoxe Hespaña. E o mesmo modelo esencialista qu-o de Fichte ou Herder, claves que conducirían a unificación alemana de 1871, unha vegada defenestrado o sobriño de Napoleón en Sedán.

Nazón á catalana?Imposíbel pró, chamémoslle, nacionalismo de Nueva Planta, a pesares do seu natural rancio. Porén iste modelo bateu coas conceicións políticas derivadas do contrato social, daquela, xurdiu a necesidade de harmonizar nación e democracia (loxicamente os da Falange están eximidos disto e enchen a boca con “unidad de destino”, eufemismo de ditadura prós non “adestinados”).  Eu só vou citar a Ernest Renan: << A existencia dunha nación é un plebiscito de todos os días>>.

Nazón á vasca? A adopción dunha própria identidade nacional non vén dada ás coleitividades senón que se trata dun suposto suceptíbel ao debate e ao consenso, des escanos igoais. Asemade, é tan importante iste debate como os restantes que tocan a legalidade que rexe a correita disposición social. Logo, ¿qué medo albergan certos seitores? Cecais o medo ao seu próprio autoritarismo e incapacidade de diálogo; <<El señor es mi pastor nada me falta, en verdes praderas me hace recostar y mi copa rebosa>>. Seitores de seitores. En fronte <<Luz de luz>>.

Nazón á cazola? A nova teoría vía como calquer coleitivo, dentro dun grupo máis amplo, posúe o direito a reivindicar a súa própria marca diferencial. Pola contra, nengunha nación ten direito a violar a soberanía doutra nación e sometela: ¿ Fica hogano alguén que inda considere a ocupación do Iraque e o seu pobo como “legal” e “xusta”? Con eufemismos é terrorismo de Estado. O “mundo civilizado”, ise que non é verde senón negro, sempre se considerou capacitado pr-intervir en todos os confíns do mundo, destruíndo eisí as culturas autóctonas i-o seu patrimonio. Museo de Bagdade, Technotitlán… xenocidios culturais encubertos con eufemismos.

Nazón ou “nacionalidad histórica”? Eufemismos. Como asinalei noutra ocasión, << a carauta, agocha a hipocrisía sempiterna, emporiso agora tanto “liftin” e ciruxía estética. Canto a lingua, enferma do mal farisaico, os grandes de Hespaña, descubriron que é o eufemismo a carauta da linguaxe social, a atenuación ou lítote necesario pra embaucar con embustes ao cidadán>>.

         Nazón pour le merite? O absulutismo ilustrado neoliberal preñado de Mill i-utilitarismo resístese a recoñecer o direito á autodeterminación dos pobos. Non deben existir colonias nen nacionalidades históricas sulagadas per seculum seculorum de opresión e transmutación da realidade diferencial dise marco xeográfico.

         Nazón. Nacionalismo centralista versus nacionalismo federalista. Caseque é lóxica a reacia e conservadora reaución de Estados consolidados perante iste novo nacionalismo. A tese de Renan viola á indispensábel unidade do bloque patria- nación esgrimida non só polos fascistas. Iste é o nacionalismo que non se denuncia. O que só admite o próprio fronte ao alleo, o que atenta e mata á convivencia e ao desenvolvemento dunha comunidade internacional plurilingüe,  multicultural,  solidaria e paritaria. Republicana, nada de primum inter pares ou ladaíñas tardofranquistas.

GALIZA. Nacionalistas somos pró Estado español, nós, os seguidores da tese de Renan. Iles disque son patriotas, verba cun marcado tufo a autoritarismo. A forza do bipartidismo  de Madrid castrará calqueira intento inda que conte co visto bo do Parlament. Eiquí xa non está Atila, porén está “Atila en Madrid”, un <<pez espada narigudo y mal barbado>> e o gato con sapatos que, dunha maneira ou doutra, hannos traer un novo ESTATUTO DA ALDRAXE que trocará “nacionalidad histórica” polo irrisorio, cursi e repipi “realidad nacional” ou caralladas polo estilo.

En conclusión, GALIZA necesita politizarse e esquencer a actual pasividade política pois, a política é unha obriga e un deber, e somos nós os que timos que facer un país novo. O nacionalismo galego debe unirse na diversidade e tender pontes de diálogo, concordia e serenidade; apresentar proxeitos ilusionantes que leven a involucración activa e efectiva dun pobo, infelizmente, cavernario, atrasado e sen conciencia de seu. Amais, somos nós, as camadas máis novas, os que timos que ilusionarnos máis e loitar  por unhas novas relaicións entre Galiza-Castela, por un novo marco xurídico que permita ser galego en pé de igoaldade, sentirse respeitado e axudar a facer do Estado español un exemplo de tolerancia, progreso e solidaridade. Iste, mal que ben, será o noso Estatuto, i-o da nazón da Galiza. Abonda.

 Antón Fente Parada (gracias pola túa licencia, kid)

                                                                                            

Anuncios
Categorías: Opinión | 3 comentarios

Navegador de artículos

3 pensamientos en “Unha ducia de pementos de Padrón: ¿Quén dixo nazón? Eufemismos=hipocrisía (by ChantadaKid)

  1. icscipio

    Unha puntualización ó concepto de nación entendida como natio na teoría política romana:

    “Son diversos los grados de la sociedad de los hombres. Si partimos de aquella sociedad primigenia [el hecho de que todos somos hombres], nos encontramos con que lo que más nos acerca los unos a los otros es ser de la misma gens, natio, tener la misma lengua… Sin embargo es más íntimo ser de la misma civitas, porque son muchas las cosas que unen a los ciudadanos entre sí y son comunes a todos ellos: foro, templos, pórticos, vías, leyes derechos, juicios, votaciones, costumbres y los lazos que unen a la gente por el hecho de vivir juntos [contratos, acuerdos…]”

    Cicerón, De Officiis, 1,53

    Non queda nada por inventar

  2. Chantada kid

    Óstia, eu a iste conhezo!

  3. sejrazo

    Home Anton!!! Por fin te pasas home… XD!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Crea un blog o un sitio web gratuitos con WordPress.com.

A %d blogueros les gusta esto: